Rede Eusumo, cooperativas, cooperativismo10 MAYO 2023

RESUMO DA XORNADA "COOPERACIÓN COMO FORMA DE ÉXITO"

Rede Eusumo


RESUMO DA XORNADA "COOPERACIÓN COMO FORMA DE ÉXITO"

O Luns, 25 de Setembro, levouse a cabo no I.E.S Ánxel Fole de Lugo a Xornada "Cooperación como fórmula de éxito" actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia e a Rede Eusumo.


A xornada foi levada a cabo por Antía Pousa, membro da Cooperativa Xeracción S. Coop. G. a cal realiza servizos de Intervención socio-comunitaria dirixidos a entidades públicas, privadas e particulares, a través de tres piares como son a paticipación cidadá, feminismo e a mediación.

Antía fomentou o dinamismo e a participación entre os rapaces, un total de 23 alumnos, que xeraron debates moi constructivos e enriquecedores, creando conciencia da importancia que ten o traballo en equipo, o cooperar cos demáis para acadar un único obxectivo e mostrando a diferencia entre cooperar e competir, algo que día a día estamos vendo a través dos medios de comunicación, e non axuda a que a sociedade avance hacia un fin común de benestar.

Os puntos máis tratados na xornada foron os seguintes:

  • A rede Eusumo e o Consello Galego de Cooperativas.
  • O traballo colaborativo.
  • Definición de cooperación e sinerxia.
  • Vantaxes do traballo en equipo.
  • Definición de unha cooperativa.
  • Exposición da experiencia cooperativa de Xeracción S. Coop. G.

Dende estes temas principais, foron xurdindo novas ideas e inquedanzas, todas élas postas sobre a mesa, respetándose en todo momento o turno de palabra e creando un debate productivo.


Agradecer a Juanjo, orientador do I.E.S. Ánxel Fole a oportunidade de poder acudir ó centro para poder achegar un pouco máis a cultura de cooperación e colaboración, a cal ten uns valores esenciais para o desenrolo social, e quen mellor para levalos a cabo que rapaces de E.S.O, que son o futuro.


Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando AQUI