ASAMBLEA XERAL APREVAR 2017
Asamblea Xeral APREVAR 2017
O Sábado 25 de Novembro, celebrouse, coma todos os anos en APREVAR, a Asamblea Xeral de 2017.
O salón de actos da propia asociación, foi o lugar escollido para levar a cabo a celebración, a cal contou coa presenza de máis de 200 asociados e a Xunta Directiva ó completo.
A Asamblea comezou coa benvida de D. Luis Abelleira Mayor, Presidente da asociación e coa lectura da acta por parte de Dna. Concepción Villar, Xerente da mesma.
Ademáis da aprobación dos presupostos de este último ano, tratáronse temas de importancia:
- Plans de actuación contra os talleres ilegais.
- Normativa do Responsable técnico de taller.
- Aire acondicionado e gases fluorados.
- Normativa do importe dos presupostos nos talleres de cara ós clientes.
- ITV, e os grandes adiantos que se deron en este aspecto.
Para rematar, D. Ignacio de Oliveira, abogado da asociación, tomou a palabra para abordar as modificacións do Convenio Provincial e Estatal no referente á Formación en Prevención de Riscos Laborais que teñen que levar a cabo os empregados e as sancións correspondentes por dito incumplimento.
Un ha vez finalizada a Asamblea levouse a cabo a comida anual, a cal contou coa presenza de diversas autoridades, entre éles:
- D. Pablo Rivera Capón (Deputado de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deportes).
- D. Ramón Carballo Paez (Subdelegado do Goberno en Lugo).
- D. José Manuel Balseiro Orol (Delegado da Xunta de Galicia en Lugo).
- Dna. Lara Méndez López (Alcaldesa do Excelentísimo Concello de Lugo).
Salientar que se gardou 1 minuto de silencio por o día en contra da violencia de xénero.
Pódese ampliar a noticia a través das entradas do noso Facebook, no que se compartiron fotos do evento.