PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL
PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL

Con data 20/07/2016 ditouse pola Secretaria Xeral de Emprego, Resolución pola que se outorga unha subvención, con cargo á aplicación orzamentaria 09.41.322ª.481.0, polo importe de 14.711,71 euros á entidade APREVAR, equivalente aos custos salariais do traballador contratado maila cotización empresarial á Seguridade Social derivada de Dito salario, resultantes da contratación de 1 mozo desempregado inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do servizo “ASISTENCIA TÉCNICA ÁS EMPRESAS EN MATERIA DE EMPREGO E SERVIZOS DE PERSOAL”
Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
O obxectivo de APREVAR coa contratación dun técnico en materia de emprego é complementar o traballo realizado pola entidade a través da Axencia de Colocación, concretamente na atención ás empresas da provincia de Lugo, ofrecéndolles un servizo personalizado de intermediación laboral con todo o que implica: xestión de ofertas de emprego, preselección, selección e formación de persoal e asesoramento en materia laboral.
Os beneficios deste servizo para as empresas son múltiples:
Redución dos custos de selección e reclutamento de persoal ao ser un servizo gratuito.
Redución do tempo de duración dos procesos de selección e reclutamento de traballadores, dado que a entidade xa conta cunha base de datos, e non é preciso publicar a oferta, agardar que os candidatos se inscriban e envíen os seus currículums, etc.
Ademais da asistencia nos procesos de contratación, teñen acceso a outro tipo de servicios (detección de necesidades formativas da súa plantilla, deseño de postos de traballo, formacion, etc.) e a posibilidade de realizar formación a demanda para os seus traballadores.
Externalizar este tipo de tarefas permitelle ás empresas medrar nas áreas donde son fortes para encamiñar o negocio cara o éxito empresarial.
Más noticias
CERTIFICADO DE REPARACIÓN EN TALLER HABILITADO
RESUMO DA XORNADA "A COOPERACIÓN COMO MOTOR SOCIAL"
DENUNCIA ANTE EL PARLAMENTO EUROPEO DE LAS MALAS PRÁCTICAS DE LAS ASEGURADORAS
LOS TALLERES PODRÁN COBRAR UN PRESUPUESTO SI INFORMAN ANTES AL CLIENTE
JORNADA INFORMATIVA SOBRE LAS AYUDAS DEL IGAPE
INFOGRAFÍA PROGRAMA PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE XUNTA DE GALICIA